Xa imos rematando o mes, habituándonos ás novas normas e coñecéndonos máis. Fixemos un pouco de todo: - Un experimento: Fotos feitas por Brais e Rida. Vídeos feitos por Brais. - Traballar: Fotos feitas por Lucas - Nos patios aínda que divididos por cursos seguímolo pasando ben. Mírade que dragón debuxaron con tizas: Fotos do dragón feitas pro Brais - Cada un ten un tarefa semanal que sale ao chou o venres: Foto feita por Lucas - E unha excursión a Cangas relacionada coa seguridade vial: Saimos na TVG: A REVISTA ( minuto 5) TELEXORNAL MEDIODÍA ( minuto 48)
Bo día a todos e todas! Comezamos un novo curso con ilusión. Neste primeiro trimestre, fixemos un resumo dos contidos traballados o ano anterior. Convertémonos en expertos no Sistema Solar, aquí podes consultar algúns traballos. É importante saber que temos un volcán activo na Península Ibérica e por iso, na clase o estamos investigando. Ademais, en matemáticas, estamos medindo os patios da escola, porque debemos chegar a unha conclusión, cal é a medida exacta do patio, e crear os nosos primeiros planos a escala. Esperemos que vos guste o nosos traballos.
Esta semana fixeron moitas actividades de Samaín: - indagar sobre as verdadeiras oríxenes do Samaín. - facer cabazas con vocabulario en galego, coa técnica "nubes de palabras" - buscar determinantes e pronomes na canción de Alasaka: Mi novio es un zombie. E como non! disfrazarnos, gozar cos xogos populares e comer moitas casatañas! Comparto con vos algunhas fotos: Samagostín CEIP A RÚA 2021-22
Comentarios
Publicar un comentario